Contacto

Se estás interesado en facer unha plantación frutal ou xa tes unha, e queres formar parte de AFRUGAL, envíanos un correo electrónico cos teus datos ó seguinte enderezo:

fruticultoresgalicia@gmail.com

Datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Enderezo
  • C.P.
  • Localidade
  • Teléfono de contacto
  • Correo-e
Contactaremos contigo á maior brevidade posible.

Requisitos dos socios segundo os nosos estatutos:

"Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser titular ou estar en posesión dunha plantación regular adicada á produción de froita e radicada en Galicia, ou estar en condicións de poñela en funcionamento no prazo de dous anos desde a formulación da solicitude de asociación.
  • Cumprir os requisitos técnicos, referidos á plantación e ó mantemento da mesma, determinados por acordo da Xunta Directiva e ratificados pola Asamblea Xeral.
Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida."