Asociación

A Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL) ten os seguintes fins:
a.   Promover o coñecemento das técnicas de producción de froita e a mellora das mesmas, así como a súa adaptación ó ámbito xeográfico galego.
b.   Promover programas de defensa fitosanitaria dos cultivos de froita, orientados á reducción do uso de praguicidas, empregando técnicas de control integrado ou empregando a normativa de agricultura ecolóxica.
c.   Coordinar as actividades dos socios co fin de homoxeneizar criterios de produción, calidade e comercialización.
d.   Asesorar na posta en marcha de novas plantacións.
e.   Fomentar a producción e o consumo de froita e os seus derivados en Galicia.

Para levar a cabo os seus fins, AFRUGAL poderá organiza-las seguintes actividades:
a.   Cursos e xornadas formativas.
b.   Asesoramento técnico ós produtores asociados.
c.   Campañas promocionais.
Colaboracións con entidades públicas e privadas.