O prgrama O Agro (TVG) do día de Nadal emitirá o resumo da I Xornada de Innovación nas Plantacións de Froiteiras organizada por AFRUGAL

O pasado día 17 de decembro, tivo lugar en Bergondo a I Xornada de Innovación nas Plantacións de Froiteiras, organizada por AFRUGAL, no edificio municipal da Senra (Bergondo).

Nesta xornada, cofinanciada pola Deputación da Coruña, abordáronse temas relacionados coas liñas de axuda da Consellería do Medio Rural, a produción ecolóxica e integrada, a comercialización da mazá de sidra e o Proxecto Maeloc desenvolvido por Hijos de Rivera (Custom Drinks). Tamén se realizaou unha mesa redonda na que participaron entidades asociativas e cooperativas do sector frutícola de Galicia, como a cooperativa Ullama e a Asociación Maceira e Sidra da Estrada, a Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume e a propia AFRUGAL.

A convocatoria da Xornada foi cuberta por varios medios de comunicación escrita (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Ideal Gallego) e tamén asistiron as cámaras do programa O Agro da TVG, que emitirá (previsiblemente) un resumo da xornada durante o programa do día 25 de decembro ás 13:30 h.

Mesa redonda das entidades asiciativas do sector frutícola