AFRUGAL organiza a 1ª Xornada de Innovación nas Plantacións de Froiteiras

A continuación, expoñemos o programa da 1ª Xornada de Innovación nas Plantacións de Froiteiras que organiza AFRUGAL, e que terá lugar o vindeiro mércores 17 de decembro no concello de Bergondo (A Coruña).

A asistencia á mesma é totalmente gratuíta e non é preciso inscribirse con antelación, xa que se poderá facer durante a xornada.

Desde AFRUGAL agardamos contar coa vosa asistencia e participación a esta xornada que esperamos sexa do voso maior interese.

Recibide o noso máis cordial saúdo.

J. Juan Rico
Secretario AFRUGAL